miércoles, 24 de mayo de 2023

Primeiros auxilios con Jacinto y sus amigos

 Vou enlazarvos uns vídeos divertidos, pero moi interesantes para lembrarvos a importancia de dominar varias técnicas de primeiros auxilios, que poden axudarvos a vós ou a persoas achegadas en caso de algún tipo de problema de saúde ou accidente.


Espero que vos axuden e vos gusten.




viernes, 17 de marzo de 2023

CLASE MAXISTRAL DE JUDO co GRAN MESTRE MARCOS CANEDO

O día 16 de marzo tivemos a sorte de que Marcos, o noso querido xefe de estudos, gran mestre nesta Arte Marcial xaponesa nos impartira unha clase de iniciación para o grupo de primeiro da ESO.








A sesión resultou un éxito. Aprendimos un pouco da historia do JUDO, das dinámicas e normas no DO-JO e practicamos JUDO pé e JUDO no chan:

- Caídas e volteos.

- Derrubos.

- Inmovilizacións.

Pero o máis importante o RESPETO Ó MESTRE E ÓS COMPAÑEIROS E CONTRINCANTES.


GRAN XORNADA QUE REPETIREMOS SEGURO.

GRAZAS MARCOS E GRAZAS RAPAZAS E RAPACES POR FACELA POSIBLE.

miércoles, 8 de marzo de 2023

Esquí na Estación de Montaña de Manzaneda

 O pasado xoves 2 de marzo fixemos unha nova actividade na natureza. Neste caso desprazámonos ó Concello de A Pobra de Trives para iniciarnos no deporte do esquí alpino.

A pesar da cada vez menor cantidade de neve que cubre as nosas montañas, fumos quen de elexir o día perfecto: sol e neve, despois dunha longa tempada de anticiclón con frío e tempo estable.

Este ano xuntámonos un grupo moi grande de esquiadores; máis de 30. Tanto da ESO como de 5º e 6º de primaria. Como acompañantes fomos Sabrina, Berta, David e Miguel.

Ás nove saimos dende o colexio, ás 10:30 estabamos chegando a Manzaneda, e ás 11:30 listos para facer a subida ás pistas de esquí no "telesilla".

Empezamos aprendendo cos monitores os primeiros pasos, nun tempo que resultou escaso. Despois tentamos facer esquí libre, dirixido polos profesores acompañantes, xantamos e rematamos con máis esquí ata o peche da estación.















Ó final do día a fatiga e a ledicia eran as sensacións coas que voltamos no autobús de volta ó colexio.

E xa só nos queda pensar en cando será o vindeiro día no que poidamos repetir unha actividade tan fermosa.....

miércoles, 29 de junio de 2022

Surf na costa ferrolana

 Rematamos este curso cun gran éxito: unha actividade que nunca fixéramos e que resultou moi ben. Pasámolo xenial, e coñecimos unha costa que é unha das xoias descoñecidas de Galicia.

Os días 15,16 e 17 de xuño viaxamos a San Xurxo, a 10 km de Ferrol, e aloxámonos no surf Camp Doniños; sitio único, fermoso. Un albergue que ten todo para desfrutar da estancia e do Surf a tope.

Nós aproveitamos para ir ás praias de San Xurxo e Doniños a xogar, a bañarnos e a surfear. A convivencia foi xenial, xantamos moi ben..Polo tanto o resultado foi perfecto. 

Só houbo unha pega. Aqueles que querendo ir non puidéchedes por ter recuperacións de pendentes, este fin de curso tan raro. Espero voltar en breve con todas e todos os que queirades ir a practicar este deporte tan guapo e a coñecer un territorio fermoso.

Grazas a Marcos e David por acompañarnos eses días e a todos os que participáchedes. E grazas tamén a Amparo e Brais, os nosos anfitrións, que nos trataron de marabilla.

Bon verán a todas e todos e desfrutade a tope as vacacións.


Aquí vos deixo unhas fotos para o recordo.












viernes, 20 de mayo de 2022

Camiño de inverno 2022. Terceira etapa.

O 13 de maio, venres, continuamos o Camiño. Este día, dadas a previsións meteorolóxicas de calor forte, recurtamos a andaina, facendo o tramo entre Pumares e Sobradelo.

Participamos todos os grupos da ESO, ademais de 5º e 6º de primaria, acompañados por Sabrina, Iris, Fran, Darío e Miguel.

Ainda que curta, esta sección do camiño é fermosa, con grandes vistas sobre o Sil, o pobo abandonado de Nogueiras, as áreas recreativas e miradoiros sobre a antiga ponte romana...

As árbores autóctonas e prantas aromáticas dannos sombra e bos aires, e demostran que son quen de sobrevivir ós incendios que asolan estes montes de xeito periódico. O último hai dous anos. Pasamos á beira da prantación de árbores que hai varias semanas viñeron facer os rapaces e rapazas de Primaria. Que gran traballo!

Tardamos unha hora e media en cubrir os cinco kms que separan os pobos de Pumares e Sobradelo, cunha parada para refrescarnos e tomar un bocata, e rematamos en Sobradelo con outro refrixerio e un pouco de xogo....

E así rematamos este percorrido entre Ponferrada e Sobradelo en tres capítulos...Gran experiencia, que repetiremos en vindeiros anos.Grazas a todas e todos por participar, portarvos de xeito exemplar e esforzarvos a tope. VOLTAREMOS....

As fotos do día:
























jueves, 12 de mayo de 2022

Camiño de inverno 2022. Segunda parte.

 O día 28 de abril fixemos unha segunda xornada do Camiño, concretamente o tramo entre Priaranza do Bierzo e Borrenes. 

Participamos os memos camiñantes do primeiro pero se uniron ó grupo Carmen, Iris e Luz, como especialistas en sendeirismo. 

Resultou ser un día perfecto, con sol e luz maravillosa e cun percorrido moi interesante, pasando por pobos enxebres bercianos, polo medio das viñas e cun fondo das montañas que dividen Lugo de León: Os Ancares.

A subida ó Castelo de Cornatel foi algo dura, certo. A calor xa apretaba pero atravesar ese monte de aciñeiras, tendo á vista as paredes calizas de debaixo do castelo e o caborco do río pagou a pena. Cruzamos Villavieja, chegamos ó pé da fortaleza e alí tomamos un tentempé, a base de bocatas e bebidas variadas para recuperar forzas.

Dende alí ata o final quedaban dous kilómetros de baixada, que a algún lle pareceron vinte, pola calor e a fatiga.

E así rematamos esta etapa, cantando no autobús e contando historias.....

Datos da etapa.

Tramo: Priaranza del Bierzo-Borrenes.

Distancia: 10km.

A reportaxe fotográfica do día é esta:
















jueves, 21 de abril de 2022

Camiño de Inverno 2022

Hai seis anos empezamos esta actividade tan interesante que consiste en percorrer a pé este Camiño de Santiago, que sae de Ponferrada e cruza pola nosa comarca de Valdeorras. Sabemos que o seu  nome ven do feito que moitos peregrinos evitaban a neve e o frío do Cebreiro, seguindo pola beira do río Sil.

O caso é que este camiño é moi fermoso, pasa polas comarcas de O Bierzo, Valdeorras, Terras de Quiroga, Val de Monforte, Ribeira Sacra do Miño, comarca do Deza....todas elas cunha gran cantidade de fermosas paisaxes e bens de interese cultural.

Neste ano 2022 retomamos o Camiño. O día 1 de abril saímos de Ponferrada os grupos de 5º e 6º de Primaria e os de 1º e 2º da ESO acompañados por varios profesores e profesoras: Mario, Marcos, Sabrina e Miguel.

Primeiro fixemos unha visita guiada pola cidade de Ponferrada e logo fixemos o tramo de Camiño ata Toral de Merayo, onde nos recolleu o autobús para voltar ó colexio.

DATOS DA RUTA.

Tramo: Ponferrada-Toral de Merayo.

Distancia: Fixemos uns 8 kms, tendo en conta a visita á cidade.


Aquí vos deixo algunhas imaxes deste día...a ver se vos gustan....